sábado, 27 de maio de 2017

30 de maio no IES Losada Diéguez


O pasado 30 de maio, o grupo de Teatro Solidario As Insuas, de Muros representou  no IES  Losada Diéguez  a obra ABUSÓNS S.A. 













sábado, 29 de abril de 2017

" Avelaíñas Teatro" participou nas II Xornadas de Educación na Estrada: educaSTRADA

A aula de Teatro " Avelaíñas Teatro"  participou  nas  II Xornadas  de Educación na Estrada que se celebraron os días 28 e 29 de abril,  no MOME . Alí estivo representada por  Xosé Eixo que  falou  de como e cando naceu a aula de teatro, das actividades que  realiza cada ano, dos obxectivos que persegue e da súa vocación de elemento integrador.
                                                           Fotos da súa intervención





luns, 3 de abril de 2017

23 de abril V Festival de Teatro da Estrada

Calendario de actuación de " Avelaíñas Teatro"

Calendario de actuacións de Avelaíñas Teatro para representar Mananciais de Historias:

28 de marzo: teatro principal da  Estrada

1 de abril: Palas de Rei

25 de abril: Muros

27 de maio: Laxe

Entre o 16 e o 21 de maio: será representada en Burgos, Zaragoza e Barcelona, en colaboración cunha asociación da terceira idade de Pineda de Mar.

23 de abril: V Festival de Teatro Escolar da Estrada

venres, 31 de marzo de 2017

X FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR EN PALAS DE REI

 O programa deste Festival é o seguinte:
► 16:30 -Aula de Teatro do IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ, “Avelaíñas Teatro”
 e Escola Municipal de Laxe,  PRESENTAN: “MANANCIAL DE HISTORIAS”
► 18:30 Roteiro teatral, poético e musical na aldea de Vilar de Donas.
(Saída dende o Campo da festa.)
► 20:00 -Aula de Teatro do CPI de Touro e Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei. PRESENTAN: “NOTAS DE COR”